Alberto Alonso de Dios
Vigo, 38 anos
Traballa como contable
Afeccións: Fotografía, informática, natureza, arte e
historia de Galicia
Que cámara/s usas: Canon EOS 550D.
Usas App para editar as fotos: Si, por suposto. Unha imaxe JPG en unha foto na que a cámara
emprega os filtros precisos para que saia máis ou menos decente
automáticamente. Dun curto tempo pra aquí procuro empregar e aprender co
formato RAW e despóis adicarlle un pouco de tempo a elas, a sentilas, algo así
como si as “revelaras” coma os vellos tempos, como si lle deras vida a un
instante. Este proceso non significa
desvirtuar unha foto, xa que cada vez que pensamos en Photoshop, pensamos en
cores moi profundas ou sobresaturados.
Cales utilizas: Photoshop,
Digital Photo Pro (Canon), Picasa, Panorama Maker e todos os que poida.
**Como chegaches ao mundo da fotografía?
Moi a modiño. Poderíamos dicir que acabo de
chegar .
**Desde cando fas fotografías?
Co meu primeiro
soldo merquei unha Nikon F50, reflex, analóxica. Cando naceu a miña filla, o meu cuñado
regaloume unha compacta dixital. Dende
aquela escomenzei no maravilloso mundo da fotografía dixital.
**Como nace a afección a fotografía?
Sempre me chamou
a fotografía, dende neno. Os meus pais tiñan moitos libros onde se amosaban
fotografías fermosísimas coas que podías viaxar coa imaxinación. Ademáis os
meus antergos tiñan unha das imprentas máis antigas de Vigo polo que polas
miñas venas corre algo de tinta, hoxe convertida en sangue dixital. Por outra
banda vivir nunha terra tan fermosa como Galicia énchete de gañas de
inmortalizala.
**Tes participado en cursos de formación ou talleres de
fotografía?
Non. Son
autodidacta.
**Participaches en algún concurso fotográfico?
Non.
**Tes feito algunha exposición?
Non. A nosa verdadeira exposición é a nosa web www.galiciamaxica.eu Digo “nosa”, xa que conto coa inestimable axuda da miña
muller, María R. Serantes, sin ela este proxecto non sería nada.
**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle,
natureza, persoas etc)?
Galicia en
xeral, a súa natureza, cultura, arte e historia, iso é o que realmente me
motiva.
**Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
Os viaxes que
facemos non se programan. Escollemos unha zona, un recuncho sen coñecer e alí
vamos. Nunca nos cansamos de recorrer a nosa terra, xa que como dicimos,
Galicia é inescrutable.
REPORTAXE FOTOGRÁFICO
A Ribeira Sacra e o baile do Sil. |
San Xoán de Mosteiro. Onde se detén o tempo. |
Fervenza do Toxa. O auga é arte. |
Os Praceres. Atardeceres máxicos. |
Illas Cíes. O paraíso. |
. A Serra do Galiñeiro. Un emblema da comarca. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario