Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

xoves, 9 de xaneiro de 2014

A ENTREVISTA: Alberto García Roldán



Alberto García Roldán

Vive na Pastoriza-Arteixo e conserxe, 48 anos.


Afeccións : Viaxar; Fotografía; senderismo; e sobre todo, coñecer lugares da nosa xeografía.




Usa unha cámara FUJIFILM FinePix S8000fd  e  CANON EOS 500D con 18-55 mm, 55-250 mm mais unha focal fixa de 50 mm Macro. 
Utiliza filtros:Densidade Neutra do nº 4 e 8 e un polarizador. 
Usa App para editar as fotos:  gustalle aplicarlle una pequena edición que lle confira un toque de personalidade, comprimirlas para as redes sociais, ademais de añadirle un marco e unha sencilla marca de auga.      
Utiliza Picasa e Photoshop.


Como chegaches ao mundo da fotografía?
Dun xeito un tanto curiosa. A miña filla quería unha cámara dixital, regalándolle a Fujifilm nos Reis do 2008. Para que soubese manexala, e non quedase unicamente en utilizala no modo manual, consultaba manuais e saía con ela a practicar, descubrindo e quedando enganchado a este estupendo mundo.

Desde cando fas fotografías?
En 2003, cando a familia mudou a cámara analóxica pola dixital . Aínda que esas primeiras fotos coa hp photosmart 735, eran as típicas para inmortalizar o momento, porque ata ese intre, era a miña muller quen inmortalizaba e gardaba todas as nosas viaxes, escapadas e momentos importantes, creando fermosos álbums con copias en papel.

Como nace a afección a fotografía?
A partires do 2008, nesas saídas de aprendizaxe que facía coa miña familia, acudiamos a practicar en fermosos lugares próximos. Capturalos coas técnicas que aprendiamos, resaltaba aínda máis o seu encanto, espertando o anhelo que sempre tiven de ensinar aos demais estes irresistibles lugares, e como máis vale unha imaxe que cen mil palabras, non podía deixar escapar a oportunidade que se me presentaba, pois a través da miña cámara, sento as cousas dun xeito máis profunda.

Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Non. O que alcanzo, aprendino consultado algúns que hai en internet con vídeos moi ilustrativos; páxinas como Dzoom, onde publícanse artigos moi interesantes; e sobre todo, practicando, que hoxe a tecnoloxía dixital che permite ver a maioría dos erros que cometes ao instante.

Participaches en algún concurso fotográfico?
Non. Penso que aínda estou bastante verde para iso.

Tes feito algunha exposición?
Non. Ese desexo de poder amosar as nosa fotografía e contar a historia que algunhas reflicten, materialiceino xunto á miña muller e filla, coa creación hai tan só un ano, do blog: Galicia Pueblo a Pueblo.

Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Disfruto moito coa de paisaxe e natureza. Tamén paréceme máis sinxela, creo que outras, necesitan duns dotes, técnicas e coñecementos máis avanzados. Pero sobre todo, os nosos extraordinarios recantos, tan descoñecidos pero tan próximos e fermosos, que moitas veces revélansenos grazas a compañeiros de afección, algúns dos cales tamén aparecen neste blog. O malo, é que necesitaría moitas vidas para poder capturalos todos.

Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
As nosas saídas son programadas, cando decidimos visitar un sitio, preparamos o equipo e a gozar dos que nos topamos, xa que o máis marabilloso que me ensinou o mundo da fotografía, é que ata o máis horrendo que poidas observar, a través do visor dunha cámara, pódese converter nunha auténtica obra de arte.


                             REPORTAXE FOTOGRÁFICA


O Xallas, chora desconsolado observando o seu fin.

Antigas aldeas de Portomarín asoman a superficie, o Miño retoma a súa primitiva canle.
A lepra visita Arde Lucus.


A fermosa Santa Mariña de Augas Santas, onde se mestura historia, tradición e lenda.


Fin do Camiño das Estrelas. 

Cambados, A bela estampa dos restos da Torre de San Sadurniño. 

Outono na Fraga de Catasós, Lalín.


4 comentarios:

  1. Buen reportaje Alberto, besos Laly e Ignacio

    ResponderEliminar
  2. Estupendo hermano, a parte de lo bien que te explicaste también me gusta el mensaje que se saca de la entrevista,a mi modo de ver, y es que no hace falta acudir a nigún cursillo para aprender solo tener interés, ganas, Muchas felicidades a los tres pues, mónica y Laura también participan y lo hacen estupendamente, Nosotros disfrutamos mucho conociendo muchos de los lugares que vemos en tu blog,. Un beso de los Barcia

    ResponderEliminar
  3. Uno se hace a si mismo, condicionado siempre por su entorno. Enhorabuena Alberto.

    ResponderEliminar