Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

xoves, 30 de xaneiro de 2014

O OCASO DA CONSERVEIRA MASSÓ DE CANGAS

A CONSERVEIRA MASSÓ DE CANGAS



Situada no Salgueirón na parroquia de Darbo, En 1937 comezaban as obras da nova factoría de Cangas, proxectada polo enxeñeiro Tomás Bolíbar Sequeiros e o arquitecto Jacobo Esténs Romero, cunha superficie útil cuberta que acadaría os corenta mil trescentos trinta metros cadrados sobre unha superficie total de cento oitenta mil metros cadrados dispoñible para diferentes usos.
A factoría inaugurábase en 1941.
Todo un emporio fabril que proporcionaba emprego a máis de mil cincocentas persoas, homes e mulleres.
Coa chegada dos problemas laborais e financeiros aparecidos na década precedente, na década de 1980 a empresa “Massó Hermanos, S.A.” comeza a súa decadencia, que vese acelerada a partires de 1991 trala morte de Gaspar Massó ata que chega o peche definitivo contra o ano 1996.
Actualmente, todo o complexo industrial de Massó en total abandono está sendo obxeto dun profundo proceso de apropiación cívica; neste caso, os valores históricos e naturais estanse coadxuvando no fornecemento dunha rede social revindicativa.

REPORTAXE DO DESASTRE E ABANDONO DA NAVE









Ningún comentario:

Publicar un comentario