Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

luns, 20 de xaneiro de 2014

DANZA DE ALDÁN (CANGAS) 2014

DANZA DE ALDÁN 2014

A "Danza de San Sebastián" ten lugar cada 20 de xaneiro en Aldán, coincidindo coa festividade deste santo, no Adro da Igrexa de San Cibrán de Aldán, aínda que as veces repítese no mesmo día noutro punto desta parroquia. Ata o ano 1995, o baile celebrábase polas tardes no patio do Pazo dos Condes de Aldán.
Actualmente báilase pola mañá ao remate da misa solemne das 12:00 h. e pola tarde vólvese a bailar aínda que sen conexión relixiosa en dúas ocasións: ás cinco no “Torreiro” e ás seis na alameda.
Este baile ten a consideración de danza ancestral xa que existe documentación que proba que se bailaba xa en 1.678, (o que significa que no ano 2003 cumpriu 325 anos ininterrompidos de vida) data na que se constituíu a confraría do Santo e quedou constancia de que o mordomo foi Joseph Francisco de Gayoso e Aldao, antepasado dos condes de Canalejas. 

REPORTAXE FOTOGRÁFICO de Merche Giraldez










Merche, protagonista da reportaxe
cazada por nos, en pleno traballo.

1 comentario: