Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

sábado, 18 de xaneiro de 2014

A ENTREVISTA: Xoan Romeu Amor




Xoan Romeu Amor


Vive en Cambre. A Coruña. Ten 57 anos 
Afeccións: Senderismo – Fotografía – Lectura.

Facebook:  
https://www.facebook.com/xoan.romeu?fref=ts

Usa una cámara Nikon 3200
Edita con GIMP




Como chegaches ao mundo da fotografía?
Sempre me gustou, pero arrastrado polo meu irmán dediqueime a ela dunha forma mais habitual. 
Antes facía fotografías das vacacións ou reunións da familia…

Desde cando fas fotografías?
Dunha forma continuada dende hai 3 anos

Como nace a afección a fotografía?
Ainda que sempre tiven o formiguillo dentro do corpo, e por falta de tempo non lle adicaba tempo, foi polo meu irmán que empecei a considerar a fotografía como unha afección mais seria.
                                                                                                
Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Fixen un curso no Centro cultural e deportivo Tempo Novo en Elviña – A Coruña, impartido por o fotografo ferrolán Gabriel Tizón.

Participaches en algún concurso fotográfico?
Non, non me considero preparado ou capacitado para participar en ningún concurso, coido que me queda moito camiño por recorrer neste mundo da fotografía.

Tes feito algunha exposición?
Tampouco

Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Non teño preferencias, vou ca cámara e calquera motivo valme para disparar. Gosto de fotografiar a vida, a paixase, os ceos, o mar e todo o cotián que xurda no meu camiño.

Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
A cámara dende fai 6 meses é a miña compaña , e decir, vai sempre conmigo, lista para disparar. Todo o que chame a miña atención en calquera momento é fotografiado. Despois ven o traballo na casa de selección e estudio do mesmo, sempre intentando correxir e superarme.
Ainda que, casi sen darme conta, os meus pasos van moitas veces dirixidos a esos lugares de encanto, buscando paisaxes, recantos, persoas e situacións cotiáns que desexo plasmar nas miñas fotos.


REPORTAXE FOTOGRÁFICO







Ningún comentario:

Publicar un comentario