Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

luns, 19 de maio de 2014

A ENTREVISTA: Manuel Broullón Piñeiro



De BUEU, 46 anos

Administrativo
Afeccións:Fútbol, Senderismo, Viaxes, fotografía, etc.





CÁMARA DIGITAL OLYMPUS SZ-16 IHS

USas Teléfono para fotografiar: A veces, cando non dispoño da cámara.
Utilizas filtros: Non
Usas App para editar as fotos: SI       
Cales utilizas: PAINT para asinar as fotos e logo o NEROPHOTOSNAPVIEWER para facer pequenos retoques (brillo, contraste, color, etc.). Non son moi partidario de retocar ás fotos, salvo excepcións. Prefiro que a foto nos mostre toda a súa beleza natural. Os retoques dánlle unha beleza, sí, pero artificial.

Como chegaches ao mundo da fotografía?
Todo empezou no ano 1998 cando merquei unha cámara analóxica Konica, de esas con carrete que tiñas que esperar a rematalo para poder revelalo e ver ás fotos. Logo xa, uns anos máis tarde e para adaptarme á fotografía dixital merquei a que teño na actualidade , estou moi contenta con ela.

Desde cando fas fotografías?
Aínda que xa teño feito fotos antes do ano 1998, realmente foi a partires déste cando empecei de verdade.

Como nace a afección a fotografía?
A verdade e que entróume está afección fará aproximadamente uns oito meses cando fun aceptado neste grupo e aproveito para engadir de que tódalas fotos aportadas ó grupo, son froito das miñas andainas e viaxes polas diferentes parroquias do Morrazo onde quero recalcalas pola súa fermosura. Como decían os vellos de antes referíndose a Galiza "No hai terra coma ela!!!".
                                                                                                
Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Non. Aprendín só. De tódalas formas a cámara que teño non require estudios superiores para manipulala.
Participaches en algún concurso fotográfico? Non

Tes feito algunha exposición? Non
Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Realmente gústanme todos pero si hai que destacar algún prefiro as paisaxes e a natureza.

Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
Máis ben ocasional e normalmente non programo para sair a facer fotos pero teño que decir que grazas á entrada neste fermoso grupo e ás actividades propostas polo seu administrador, o Sr. Bangueses,  pois case me vexo na obriga moral de sair e cumprir na realización dos exercicios propostos.
E xa para rematar, quero agradecer os membros do grupo por tódolos seus "likes" nas miñas fotos. Unha aperta para todos!!!.

REPORTAXE FOTOGRÁFICO 

Cíes

Dorna en Bueu

Río Loira

Praia de Rodas

Atardecer Bueu

Río da Fraga

Prexegueiro


A Lanzada

Vacaloura

Porto de Aguete
Lapamán
Posta de sol sobre as Illas de Ons


luns, 5 de maio de 2014

Festa do Muiño de Fausto 2014. Coiro, Cangas.


 XXV FESTA DO MUIÑO EN CANGAS.

Do 29 de abril ao 5 de maio as XXV Xornadas Culturais Festa do Muiño en Coiro (Cangas), durante toda a semana haberá exposicións, Mesa Redonda, Festa Infantil, Festival  Infantil de Baile Tradicional 










Por 
Merche Giráldez 

martes, 22 de abril de 2014

O "TOP 50" FOTOS CON MÁIS DE 50 "ME GUSTAS"

Escolma das fotos publicadas dende o 14 ata o 22 de abril que recibirón máis de 50 "me gusta".


Golfiño na ría de Vigo. Tom Entenza Soliño



Areabrava, Cangas. Marta Santiago Alvarez

Así amencía en Cangas. Carlos gallego

Asomou o sol na praia de Menduiña, Cangas. Merche Giráldez

Cabo Home. Daniel Sánchez

Hoxe en Cabo Home, donde a morriña atópase en calquera rincuncho... Tony Crespón Pena

Igrexa de Coiro, Cangas . Xosé Bangueses García

Melide, Cangas. Damián Gandón Chapela

Cousas curiosas da natureza. Carmen Lorenzo

Petroglifo Mogor (foto de Danicaxete). Emillio Costas

Posta de sol na ria de Vigo #morrazo  Xosé Bangueses García

Praia de Santa Marta parroquia de Darbo, Cangas Merche Giráldez

Ría de Aldán. Lara Rodriguez Losada‎


Vista panorámica de Cangas. Xosé Bangueses García
.Islas Cies. Nuria Piñeiro

luns, 7 de abril de 2014

AS 13 FOTOS MÁIS VOTADAS NO GRUPO "O MORRAZO EN FOTOS"
Semana do 31 de marzo ao 6 de abril 2014


Noite en Cangas. Por Merche Giraldez

Moaña por Enrico Pena Pena

O Con. Moaña. Por José Antonio Carballo González

Areamilla por Raúl Fonsaca Cortizo

R.C.N de Rodeira por Ana Portela

Igraxa de Coiro 1937 por Manuel Anxo Mendez

Fervenza do río da Fraza. Moaña. Por Oscar fervenza Cancelas

Cangas. Por Oriana Alfonso González

Cangas entre luces. Por Nicolas González Meira

Moaña. Por José Martínez Álvarez

San Roque. Cangas. Por Emilio Costas

Río de Loira. Seixo, Marín. Por Manuel Broullón Piñeiro
Casetas no peirao de Cangas. Por José Couso

A vida de María Soliño, acusada de bruxería
 
A VOZ DO VENTO
A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está María Soliño...