Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

luns, 19 de maio de 2014

A ENTREVISTA: Manuel Broullón Piñeiro



De BUEU, 46 anos

Administrativo
Afeccións:Fútbol, Senderismo, Viaxes, fotografía, etc.





CÁMARA DIGITAL OLYMPUS SZ-16 IHS

USas Teléfono para fotografiar: A veces, cando non dispoño da cámara.
Utilizas filtros: Non
Usas App para editar as fotos: SI       
Cales utilizas: PAINT para asinar as fotos e logo o NEROPHOTOSNAPVIEWER para facer pequenos retoques (brillo, contraste, color, etc.). Non son moi partidario de retocar ás fotos, salvo excepcións. Prefiro que a foto nos mostre toda a súa beleza natural. Os retoques dánlle unha beleza, sí, pero artificial.

Como chegaches ao mundo da fotografía?
Todo empezou no ano 1998 cando merquei unha cámara analóxica Konica, de esas con carrete que tiñas que esperar a rematalo para poder revelalo e ver ás fotos. Logo xa, uns anos máis tarde e para adaptarme á fotografía dixital merquei a que teño na actualidade , estou moi contenta con ela.

Desde cando fas fotografías?
Aínda que xa teño feito fotos antes do ano 1998, realmente foi a partires déste cando empecei de verdade.

Como nace a afección a fotografía?
A verdade e que entróume está afección fará aproximadamente uns oito meses cando fun aceptado neste grupo e aproveito para engadir de que tódalas fotos aportadas ó grupo, son froito das miñas andainas e viaxes polas diferentes parroquias do Morrazo onde quero recalcalas pola súa fermosura. Como decían os vellos de antes referíndose a Galiza "No hai terra coma ela!!!".
                                                                                                
Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Non. Aprendín só. De tódalas formas a cámara que teño non require estudios superiores para manipulala.
Participaches en algún concurso fotográfico? Non

Tes feito algunha exposición? Non
Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Realmente gústanme todos pero si hai que destacar algún prefiro as paisaxes e a natureza.

Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
Máis ben ocasional e normalmente non programo para sair a facer fotos pero teño que decir que grazas á entrada neste fermoso grupo e ás actividades propostas polo seu administrador, o Sr. Bangueses,  pois case me vexo na obriga moral de sair e cumprir na realización dos exercicios propostos.
E xa para rematar, quero agradecer os membros do grupo por tódolos seus "likes" nas miñas fotos. Unha aperta para todos!!!.

REPORTAXE FOTOGRÁFICO 

Cíes

Dorna en Bueu

Río Loira

Praia de Rodas

Atardecer Bueu

Río da Fraga

Prexegueiro


A Lanzada

Vacaloura

Porto de Aguete
Lapamán
Posta de sol sobre as Illas de Ons


luns, 5 de maio de 2014

Festa do Muiño de Fausto 2014. Coiro, Cangas.


 XXV FESTA DO MUIÑO EN CANGAS.

Do 29 de abril ao 5 de maio as XXV Xornadas Culturais Festa do Muiño en Coiro (Cangas), durante toda a semana haberá exposicións, Mesa Redonda, Festa Infantil, Festival  Infantil de Baile Tradicional 










Por 
Merche Giráldez