Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

xoves, 30 de xaneiro de 2014

O OCASO DA CONSERVEIRA MASSÓ DE CANGAS

A CONSERVEIRA MASSÓ DE CANGAS



Situada no Salgueirón na parroquia de Darbo, En 1937 comezaban as obras da nova factoría de Cangas, proxectada polo enxeñeiro Tomás Bolíbar Sequeiros e o arquitecto Jacobo Esténs Romero, cunha superficie útil cuberta que acadaría os corenta mil trescentos trinta metros cadrados sobre unha superficie total de cento oitenta mil metros cadrados dispoñible para diferentes usos.
A factoría inaugurábase en 1941.
Todo un emporio fabril que proporcionaba emprego a máis de mil cincocentas persoas, homes e mulleres.
Coa chegada dos problemas laborais e financeiros aparecidos na década precedente, na década de 1980 a empresa “Massó Hermanos, S.A.” comeza a súa decadencia, que vese acelerada a partires de 1991 trala morte de Gaspar Massó ata que chega o peche definitivo contra o ano 1996.
Actualmente, todo o complexo industrial de Massó en total abandono está sendo obxeto dun profundo proceso de apropiación cívica; neste caso, os valores históricos e naturais estanse coadxuvando no fornecemento dunha rede social revindicativa.

REPORTAXE DO DESASTRE E ABANDONO DA NAVE









luns, 27 de xaneiro de 2014

BLOG PATROCINADO POR LIBRERÍA ABRENTE ON-LINE

O PORTAL DE VENDA POR INTERNET DE LIBROS DE GALICIA

A ENTREVISTA: Benito Estevez Pereira


Naceu en Bueu e vive en Seixo, Marín
Traballa como camarero
Ten como afección a fotografía

Usa unha Canon DIGITAL IXUS 860 IS y SONY. NEX 7-18.55
Teléfono para fotografiar: Si

Edita con:PhotoScape y  ACDSee Pro 

Como chegaches ao mundo da fotografía?
Empecei a escanear os álbums da familia e fotos antigas de Bueu e persoas.
Entón un amigo díxome que fixera  unha paxina no Facebook que hai moita xente que poñía fotos de Bueu antigas.
Desde cando fas fotografías?    
Dede el 2009  empecei coa analóxica.
Como nace a afección a fotografía?
No 2012. Cando cambiei a cámara Analóxica pola dixital entón sempre a levo conmigo   Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
 Non gustaríame pero non podo.
Participaches en algún concurso fotográfico?
Si o ano pasado estiven nun.
Tes feito algunha exposición?
Non eu aínda estou moi verde para iso,ainda me queda moito que aprender. 
Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Gústame toda clase de fotos pero tiro mais polas paisaxes e persoas.
Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
Polo meu traballo non podo programar saídas, pero cando o tempo mo permite adoito ir despois do traballo.

REPORTAXE FOTOGRÁFICO

Bueu

Capela Santos Reis en Bueu
Portomaior en Bueu
Pazo de Santa Cruz. Bueu
Pazo de Santa Cruz. Bueu
Porto de Bueu


                                                                                     




NOVIDADES LIBROS DE FOTOGRAFÍA


VIGO. SETENTA AÑOS PARA CREAR UNA CIUDAD

Descubre cómo Vigo pasó de ser un «pueblo» a ser la gran ciudad que hoy en día conocemos. A través de más de 250 imágenes antiguas.

ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

O fotógrafo Ricardo Grobas retrata neste libro a diversidade paisaxística do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.


venres, 24 de xaneiro de 2014

PRESENTACIÓN EN BUEU DO LIBRO "A BORDO DAS ONS"


 A BORDO DAS ONS

O Museo Massó acolleu esta noite a presentación do libro  A BORDO DAS ONS.
A autora é periodista Marta Lemos, desgranou o contido do libro e asegurou que a historia de Ons nunca termina, sempre está coleando.
O libro contén unha descrición e situación das illas, a colonización, adscrición ao concello de Bueu. Fai referencias a historia presente o médico a etapa do propietario Didio Riobó. A república a expropiación, as reclamacións dos colonos.  A situación dos herdeiros de Didio Riobó. Tradicións, turismo e remata coa gastronomía.

REPORTAXE FOTOGRÁFICO































LIBROS DO MORRAZO DONDE APARECEN AS ILLAS ONS

mércores, 22 de xaneiro de 2014

LIBRERÍA ABRENTE ON-LINE

En LIBRERÍA ABRENTE logo de 35 anos, se non podes visitarnos,
 levámosche o ESCAPARATE das NOVIDADES dos libros a túa/súa casa.

REGALA un libro e dinos donde temos que entregalo. Compra na nosa Web. 


NOVIDADES 2014

luns, 20 de xaneiro de 2014

DANZA DE ALDÁN (CANGAS) 2014

DANZA DE ALDÁN 2014

A "Danza de San Sebastián" ten lugar cada 20 de xaneiro en Aldán, coincidindo coa festividade deste santo, no Adro da Igrexa de San Cibrán de Aldán, aínda que as veces repítese no mesmo día noutro punto desta parroquia. Ata o ano 1995, o baile celebrábase polas tardes no patio do Pazo dos Condes de Aldán.
Actualmente báilase pola mañá ao remate da misa solemne das 12:00 h. e pola tarde vólvese a bailar aínda que sen conexión relixiosa en dúas ocasións: ás cinco no “Torreiro” e ás seis na alameda.
Este baile ten a consideración de danza ancestral xa que existe documentación que proba que se bailaba xa en 1.678, (o que significa que no ano 2003 cumpriu 325 anos ininterrompidos de vida) data na que se constituíu a confraría do Santo e quedou constancia de que o mordomo foi Joseph Francisco de Gayoso e Aldao, antepasado dos condes de Canalejas. 

REPORTAXE FOTOGRÁFICO de Merche Giraldez










Merche, protagonista da reportaxe
cazada por nos, en pleno traballo.