Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

xoves, 28 de novembro de 2013

Presentación do libro PESCANOVA. CRIMEN PERFECTO



A librería Abrente de Bueu acolleu a presentación
do libro do periodista e escritor Valentín Carrera
"PESCANOVA CRIMEN PERFECTO".
Una estafa piramidal más de 3.650 millones de euros en 10 años. La expansión de Pescanova se basó en la explotación colonial de los recursos pesquereos de países del tercer mundo, en complicidad con la dictaduras de Sudáfrica, Namibia, Angola o Mozambique.
Trátase da primeira indagación sobre o caso,análise dos orixes familiares. 
O autor desmonta a Pescanova como unha grande multinacional, lider mundial.
“Respeto á presunción de inocencia –afirma o autor-, pero ningún respeto hacia conductas corruptas e delictivas que levaron a unha empresa líder mundial a ruina; ningunha consideración hacia pésimos profesionais e malos empresarios, como Manuel Fernández de Sousa, que adicaron miles de horas, recursos alleos a ocultar, enganar e roubar. Presuntamente”.
Un libro valente e necesario para romper, en palabras de Federico Mayor Zaragoza, a quen o autor adica este traballo, “la inercia que conduce a la corrupción; y para ayudar a construir un mundo mejor, en el que no tengan cabida la envidia, la ira, la soberbia y la avaricia”.

Valentín Carrera

Fernando Otero, Arturo Cidrás entre os asistentes


Atentos as palabras do Autor

Pepe cabanelas atento o libro

Firma de exemplares

Valentín con Loli Docampo

Firmando a Fernando Otero Otero


martes, 26 de novembro de 2013

A ENTREVISTA: Alberto Alonso de Dios




Alberto Alonso de Dios

Vigo, 38 anos
Traballa como contable
Afeccións: Fotografía, informática, natureza, arte e historia de Galicia

Que cámara/s usas: Canon EOS 550D.                      
Usas App para editar as fotos:   Si, por suposto.  Unha imaxe JPG en unha foto na que a cámara emprega os filtros precisos para que saia máis ou menos decente automáticamente. Dun curto tempo pra aquí procuro empregar e aprender co formato RAW e despóis adicarlle un pouco de tempo a elas, a sentilas, algo así como si as “revelaras” coma os vellos tempos, como si lle deras vida a un instante.  Este proceso non significa desvirtuar unha foto, xa que cada vez que pensamos en Photoshop, pensamos en cores moi profundas ou sobresaturados.
Cales utilizas: Photoshop, Digital Photo Pro (Canon), Picasa, Panorama Maker e todos os que poida.

**Como chegaches ao mundo da fotografía?
 Moi a modiño. Poderíamos dicir que acabo de chegar .

**Desde cando fas fotografías?
Co meu primeiro soldo merquei unha Nikon F50, reflex, analóxica.  Cando naceu a miña filla, o meu cuñado regaloume unha compacta dixital.  Dende aquela escomenzei no maravilloso mundo da fotografía dixital.

**Como nace a afección a fotografía?
Sempre me chamou a fotografía, dende neno. Os meus pais tiñan moitos libros onde se amosaban fotografías fermosísimas coas que podías viaxar coa imaxinación. Ademáis os meus antergos tiñan unha das imprentas máis antigas de Vigo polo que polas miñas venas corre algo de tinta, hoxe convertida en sangue dixital. Por outra banda vivir nunha terra tan fermosa como Galicia énchete de gañas de inmortalizala.     

**Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Non. Son autodidacta.

**Participaches en algún concurso fotográfico?
Non.

**Tes feito algunha exposición?
Non. A nosa verdadeira exposición é a nosa web www.galiciamaxica.eu  Digo “nosa”, xa que conto coa inestimable axuda da miña muller, María R. Serantes, sin ela este proxecto non sería nada.

**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Galicia en xeral, a súa natureza, cultura, arte e historia, iso é o que realmente me motiva.

**Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?

Os viaxes que facemos non se programan. Escollemos unha zona, un recuncho sen coñecer e alí vamos. Nunca nos cansamos de recorrer a nosa terra, xa que como dicimos, Galicia é inescrutable.


REPORTAXE FOTOGRÁFICO

A Ribeira Sacra e o baile do Sil.

San Xoán de Mosteiro. Onde se detén o tempo.

Fervenza do Toxa. O auga é arte.

Os Praceres. Atardeceres máxicos.

Illas Cíes. O paraíso.

. A Serra do Galiñeiro. Un emblema da comarca.

luns, 25 de novembro de 2013

AS 8 FOTOS MÁIS VOTADAS (18 AO 24 novembro)

As Cíes a a lúa.


Paseo polo dunar de Viñó. Cangas


A ponte de Rande.



Cabo Udra. Bueu


Desde mi balcón. Moaña


Escaleiras no Bosque Encantado en Aldán. Cangas


Outono en Castiñeiras. Marín


Paseo nocturno por Massó. Cangas

mércores, 20 de novembro de 2013

A ENTREVISTA: José Antonio Carballo González



 José Antonio Carballo González

 Moaña, 45 anos
Traballa en Correos
Afeccións: Fotografía, Cociña, discJockey, algunha que outra mais…
Facebook: https://www.facebook.com/joseantonio.carballogonzalez
Instagram: JOSE ANTONIO CARBALLO GONZALEZ
Flikr: http://www.flickr.com/photos/carteiro35/
Cámara: Canon EOS 1100D
Teléfono para fotografiar:Samsung S3
Utiliza filtros:Lightroom
Usa App para editar as fotos: ACDSee        


**Como chegaches ao mundo da fotografía?  Cheguei de neno, e dende o primeiro disparo quedei prendado para sempre desta afición.

**Desde cando fas fotografías?  Como dixen antes, dende cativo, a partir de ahí, chegada a idade de 16/17 anos acentúase moito máis, medrando cada día  ata hoxe en día.

**Como nace a afección a fotografía?  Nace de verdade o coñecer as cámaras réflex con todas as súas posibilidades máxicas para fabricar a túa propia foto. Coa cámara na man convírtome na mitade dun equipo que disfruta con todo o que ten diante o dobre. A cámara axúdame a valorar o que temos diante dos ollos.

**Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?  Si, nun curso que consistía e quitarlle todo o rendemento posible a cámara réflex, foi definitivo isto para entrar de cheo, pois as dúas persoas que mo impartiron déronme o empuxe definitivo para quererlle a esta afición de por vida, do cal lle estou moi agradecido. Polo demais, son completamente autodidacta. Disparando moito aprendese moito.

**Participaches en algún concurso fotográfico?  Nalgún relacionado con periódicos. Non é o que máis me apasiona disto, o tema competición, para min a fotografía de momento no é competir.

**Tes feito algunha exposición?  Non, nunca.

**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?  Paisaxe, fotografía social, macro (vexetación sobre todo), retrato, nocturna, fotografía deportiva, etc…


Cangas do Morrazo

Nocturna de moaña

Rua do Principe e Urzaiz en Vigo

O neto

O Fiunchal. O con (Moaña)

Siluetas de verán na praia da Xunqueira.

luns, 18 de novembro de 2013

As 7 FOTOS MÁIS VOTADAS (11 ao 17 novembro)

 Praia de Barra


  
Domaio  
 Lois Luis

Ría de Vigo desde Cangas.    
 Xosé Bangueses García


Alá polo Lago Castiñeiras...  
 Jose Antonio Carballo Gonzalez


Actividade no Porto de Bueu. 
 Daniel Sánchez
 
Poza da Moura  
 Rosi Vidal Lopez


Nalgún lugar de Vilariño 
Pablo Barreiro Soliño


IMPORTANTE: 
A orde na que se publican no blog, non corresponde co maior  número de "me gustas"
Elíxese solo unha solo foto por autor, a máis votada das que publique. 
Cando varios autores consiguen  os mesmos "me gustas", publicamos as fotos empatadas.