Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

xoves, 31 de outubro de 2013

Carlos Casal recopila a historia deportiva de Moaña


Casal presentou onte "Moaña no fútbol de élite: líder en Galicia"

No salón de plenos de Moaña,estableceu as bases de su estudio, fixo un repaso dos profesionais que lograron como Tomé, exjugador do Barça; Lito, exfutbolista do Real Club Celta de Vigo e o exjugador do clube vigués, Jorge Santomé.
Ao evento acudiron autoridades como José Fervenza, e a  diputada Begoña Estévez.










Máis Información:
FARO DE VIGO
http://www.farodevigo.es/deportes/morrazo/2013/10/31/moana-recopila-historia-deportiva/905883.html?utm_medium=rss
 
 

martes, 29 de outubro de 2013

A ENTREVISTA: Daniel Sánchez


Daniel Sánchez
Beluso (Bueu)  e  Santiago. 58 anos
Profesión: Prexubilado da Banca.
Afeccións: Lectura,  Cine, Senderismo, Fotografía,… 
Facebook: Daniel Sánchez (danielbeluso@facebook.com) 
Flikr: danielbeluso
Usa una cámara Canon EOS 400        

**Como chegaches ao mundo da fotografía?
De casualidade e de forma tardía. Na miña despedida  os  compañeiros agasalláronme cunha cámara reflex (unha Canon das máis sinxelas). ¡¡¡Bendito agasallo!!!.
**Desde cando fas fotografías?
Fai cinco anos, de forma xa mais continua.
**Como nace a afección a fotografía?
Sempre me gustou.  Pero a oportunidade de ter unha reflex nas mans, unida ao tempo libre foi un gancho para min. Captar momentos irrepetibles é un auténtico pracer. E compartilos cos demais inda mellor.
**Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Este ano 2013, fixen dous cursiños que organiza a USC en  Santiago. Con Fuco Reyes, un excelente fotógrafo, aprendemos moito. Fáltame  iniciarme nos programas como Photoshop  para poder aproveitar mellor as oportunidades.  Todo se andará. Repito que son un principiante.  

**Tes feito algunha exposición?
Non. Nin me atrevería. Solo son un principiante descubrindo cada día algo novo.

**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
O paisaxe é a miña debilidade. E  O Morrazo da moitas oportunidades para desenvolver este campo, sen aburrirse.

**Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
Xa sei que as oportunidades aparecen de súpeto, pero recoñezo que as reflex son demasiado  grandes para levalas todo o día con un. De cando en vez, dáme una tolada e salgo ca máquina. Logo toca borrar moitas fotos, pero sempre queda algunha que merece a pena.
Solpor na Praia de Lagos
Gamela no Porto de Bueu

Mariscando en Marín

Arco da vella sobre Beluso


Amañecer en Bueu

Porto de Bueu. Gaviotas

luns, 28 de outubro de 2013

Asun Estévez presentou o seu novo poemario, "Medrar nas mans"

Cheo o Centro Social do Mar de Bueu para acoller a presentación de Asun Estévez
Música de piano, momentos moi emotivos, importantes figuras da cultura galega pero, sobre todo, poesía.

  Presidente da RAG, autora, alcalde, prologuista e editor

Recitando con música

Público asistente

vista do salón cheo

Momentos...

Asiando e adicano libros

Personalizando a firma

Con Neira Vials e a pianista Jezabel Argüelles

O poemario a venda
Máis INFORMACIÓN:
FARO DE VIGO
Poesía que medra nas mans

Asun Estévez presentou o seu novo poemario en Bueu


































domingo, 27 de outubro de 2013

venres, 25 de outubro de 2013

FOTO MÁIS VOTADA DA SEMANA


Fermoso ceo, entre  lusco e fusco, na ría de Vigo coas Cíes ao fondo.
Fota tomada no Morrazo por José Antonio Carballo Gonzalez

mércores, 23 de outubro de 2013

A ENTREVISTA: José Manuel Núñez Soliño (Lolo)

:


José Manuel Núñez Soliño (Lolo)
Cangas de Morrazo  48 anos
Profesión: caldereiro naval
Afeccións: viajxar e a fotografia.
Facebook:
https://www.facebook.com/lolainabel. https://www.facebook/fotografiameiga.
Usa unha cámara Canon 5d mark II 
Ten a primeira dixital que comprou Pentaxkd L. 
Utiliza as veces filtros. 
Edita con: Photoshop cs6 e Perfectphoto suite 7, lightroom,

**Como chegaches ao mundo da fotografía?
Sempre me gustou desde pequeno, comenzou cando meu pai, sendo neno, trouxo una cámara de Canarias.

**Desde cando fas fotografías?
Sendo neno íamos ás romarias e meu pai deixabame sacar as fotos a min, decía que as  facía ben, polo que teño poucas fotos miñas de pequeno.

**Como nace a afección a fotografía?
Cando me casei deixeino por uns anos, ata que a economia permitíume comprar una  cámara analóxica, eu aínda que non entendía de ISO, aperturas e diafragmas facía fotos, logo máis adiante atopei donde facian un curso e apunteime, polo que merquei unha  cámara manual reflex analóxica.                                                                          
**Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Si, na de Santoro (Cangas), foi donde aprendín o que é en si a fotografia e o revelado; logo cheguei a comprar, e teño na casa, un equipo de revelado en B/N,  mais adiante coa saida das dixitais fixen dous cursos de fotografia dixital nunha asociacion fotográfica na que estou. Ainda que como realmente se aprende é sacando fotos na rúa, cos compañeiros de afeccion, donde compartimos o que sabemos.

**Participaches en algún concurso fotográfico?
Algún, pero a nivel local sin importancia.

**Tes feito algunha exposición?
Ainda non, pero xa teño solicitado un local en Cangas, para ano  teño prevista unha exposición que teño medio preparada.

**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas)?
Encántame todo tipo de fotografía, pero en especial no estudio donde podes controlar a luz e ter modelos que posen e por suposto tamén no exterior.

**Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
Por norma programo, teño un equipo bastante pesado e non se pode ir con él cargado a todos os sitios, ainda que as veces teño no coche por si  surxe alguna boa instantanea.

REPORTAXE FOTOGRÁFICO



Río Douro, ao seu paso por Oporto. Cámara Canon 5d mark II
iso 100, velocidad 1000, f 3,5, distancia focal 35, procesada en hdr

Cascada fervenza do rio Toxa en Silleda. Cámara Canon eos 550d
iso 100,  f/22,  tiempo de exposicion 1 segundo, distancia focal 55 mm

Ximnasta ao atardecer na caracola de Cangas. Cámara Canon 5d mark II
iso 100,  f 5,6, velocidad 1/30, distancia focal 90 mm

Nocturna en Cabo Home. Cámara Canon 5d mark II
iso 400, f 3,5,  15 segundos de exposicion, distancia focal 28 mm

Atardecer na praia de Lagos Bueu. Camara Canon 5d mark II
iso 100, f/ 5,6, tiempo de exposicion 1/100, distancia focal 135

Unha das miñas modelos preferidas. Cámara Pentax ist DL
iso 200, f 5,6, velocidad 1/125 , apertura 80 mm

Foto de estudio, con unha das minas modelos. Cámara Canon 5d mark II
iso 100, f 3,5, velocidad 1/60, distancia focal 28 mm, con flashes con paraguas y flash con pantalla de luz
procesada en photoshop