Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

domingo, 29 de decembro de 2013

Presentación en Bueu de "CoraSons"

O Centro Social do Mar de Bueu, organizado por Teatro Escanae e Librería Abrente, acolleu o sábado 28 de decembro a presentación do proxecto "CoraSons". 

Disco-libro e documental da exposición da fotógrafa portuguesa Isabel Leal sobre fotos de corazóns que primeiro decidiu montar una exposición na Casa das Crechas en Santiago, algo que levou a pensar nun acompañamento musical, o que a súa vez animou aos artistas invitados a gravar un disco e posteriormente un documental con todo este proceso creativo. 
O resultado deste traballo é un libro-disco e un documental de 82 minutos editado por Kalandraka e no que se recolle o concerto de presentación de "Corasons", na Illa de Arousa, e intervencións dalgúns dos protagonistas. O documental do director Paco Abelleira, mostra como se compuexeron e gravaron algunhas das cancións.
A cantante  Uxía Senlle e a cantante galego-palestina Najla Shami antés da proxección do documental, deron un pequeno concerto. No acto estivo o director da cinta Paco Abelleira e foi presentado por Manuel Buceta que fixo a edición do documental.

REPORTAXE FOTOGRÁFICO
Manuel Buceta artífice do acto e editor do documental, abrino o acto.

O Centro Social enchéndose de xente

Moitos amigos e familiares na entrada

Xentes de todas as idades acudiu o acto

O chan do Centro Social decorado con Corazóns.

Uxía e Paco Abelleira presentando o acto

Actuación de Najla Shami e compartindo cos asistentes

Uxía entregada o público, en plena actuación

Uxía e Najla a duo

Uxía feliz adicando o libro-disco

Grupo de asistente, esperando para as dedicatorias

Os protaginista do evento felices posando co corazón.

venres, 20 de decembro de 2013

A ENTREVISTA: Yovanna Maquieira Santos



Yovanna Maquieira Santos 


Perruqueira en Moaña, 25 anos
Afeccións: A fotografía, o teatro, leer...



Usa unha cámara: Nikon D3100                   
Utiliza filtros de densidade neutra, o polarizador e un de aumento.
Usa App para editar as fotos. Utiliza: Photoshop CC, Camera RAW, photoscape e photomatix.


**Como chegaches ao mundo da fotografía?
Sempre me gustou, en marzo de este ano tiven a oportunidade de mercar unha cámara reflex e non o pensei. A compacta quedábaseme pequena e sabía que sería un gran paso ter unha reflex.  

**Desde cando fas fotografías?
Dende que era so unha nena. Ata os 13 anos sempre utilicei unha moi normaliña de carrete e despois tiven varias compactas dixitais, pero a cámara reflex  non ten nada que ver co que facía antes. Cando a merquei ignoraba todo o que abarca a fotografía e dinme conta de todo o que me queda por aprender. Pra min e algo que me axuda a ter a mente ocupada, a saír en busca de novos retos e a mellorar cada día cos meus erros, pois para conseguir unha boa toma, antes hai cincuenta malas.

**Como nace a afección a fotografía?
Polo meu pai, e algo que levamos na sangue, e que el tamén herdou do seu pai. De pequena ensinoume a sacar as miñas primeiras fotografías, a el débolle o meu interese por esta afección e pra min é o mellor referente a seguir.

**Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
De fotografía non, fixen un pequeno curso de photoshop coa asociación na que estou, pero polo demais son autodidacta, vexo tutoriais, libros, blogs, e tamén participo nas quedadas  que facemos e nas que teño a oportunidade de aprender dos que mais saben.

**Participaches en algún concurso fotográfico?
Non

**Tes feito algunha exposición?
Non, aínda levo dous días como quen di, pero non descarto nuns cantos anos de facer algunha. De momento déixollas os verdadeiros fotógrafos, xa que eu son so unha simple afeccionada que ten moito que aprender.

**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Gústanme moito as fotografías de larga exposición en xeral, nocturna e diúrna e principalmente os paisaxes, pero tamén teño moita paciencia coa macro e encántame perseguir os bichiños.

**Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
A cámara vai comigo a todas partes por si surxe algunha foto, pero polo xeral planifico as miñas saídas. 


REPORTAXE FOTOGRÁFICO

Pantalan no porto de Bueu

Bolboreta en Ons

Ponte de Rande

Praia de Lagos

Lago de castiñeiras

A miña mellor modelo






luns, 16 de decembro de 2013

As 8 FOTOS MÁIS VOTADAS ( 9 ao 15 decembro )

Nerga. Cangas


Embarcacións tradicionais de Bueu.


Amanecer desde monte carrasco. Cangas


Chandarquiña. Moaña


Cabo Udra. Bueu


Chegou o inverno. Morrazo


Grises, dende o paseo de o Con, Moaña.


Noite de treboada en Rodeira - Cangas.
 

mércores, 11 de decembro de 2013

A ENTREVISTA: Carmela Dávila Pousa


 
Carmela Dávila Pousa

É de Ribadavia e reside en Pontevedra, 51 anos
Licenciada en farmacia. Traballa na Farmacia Hospitalaria de Pontevedra.
 Afeccións : Fotografía, senderismo , música, cine,   jardineria, viajar... y disfrutar del entorno tan alucinante que tenemos.

Facebook: https://www.facebook.com/naturaribeiro.photoblog
Flikr: http://www.flickr.com/photos/treixadura/
Panororamio: http://www.panoramio.com/user/1871809
Picasa: picasaweb.google.es/mimia3

Cámara: CANON EOS 60D 
Usa para editar as fotos: Photoshop CS6


***Como chegaches ao mundo da fotografía?
Tenia una cámara de adolescente , pero como afición empecé en el año 1988

  
***Como nace a afección a fotografía?


Quizá porque siempre me ha  gusta mucho la pintura y el cine, están muy relacionadas.

***Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Solo he participado en un curso de iniciación a photoshop

***Participaches en algún concurso fotográfico?
Si en varios , sobre todo a nivel local.

***Tes feito algunha exposición?
3 exposiciones muy espóradicas y  bastante separadas en el tiempo , en un pub , en un local de tapas y en una iglesia sin culto dedicada a exposiciones.

***Preferencias a hora de fotografiar: paisaxe, detalle, natureza, persoas?
Me gusta mucho la fotografia de la naturaleza muy centrada en entornos donde el protagonista es el agua ( rios , regatos , lagos y costa ), paisaje y botánica . También los pequeños detalles y sobre todo la costumbrista. Practicamente todo el archivo que tengo se centra en O Ribeiro ( de donde soy) y as rías baixas, donde trabajo .

***Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
Suelo programar las salidas , el equipo pesa y cuesta llevarlo a todos los lado.


                           
                               REPORTAXE FOTOGRÁFICO