Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

martes, 29 de outubro de 2013

A ENTREVISTA: Daniel Sánchez


Daniel Sánchez
Beluso (Bueu)  e  Santiago. 58 anos
Profesión: Prexubilado da Banca.
Afeccións: Lectura,  Cine, Senderismo, Fotografía,… 
Facebook: Daniel Sánchez (danielbeluso@facebook.com) 
Flikr: danielbeluso
Usa una cámara Canon EOS 400        

**Como chegaches ao mundo da fotografía?
De casualidade e de forma tardía. Na miña despedida  os  compañeiros agasalláronme cunha cámara reflex (unha Canon das máis sinxelas). ¡¡¡Bendito agasallo!!!.
**Desde cando fas fotografías?
Fai cinco anos, de forma xa mais continua.
**Como nace a afección a fotografía?
Sempre me gustou.  Pero a oportunidade de ter unha reflex nas mans, unida ao tempo libre foi un gancho para min. Captar momentos irrepetibles é un auténtico pracer. E compartilos cos demais inda mellor.
**Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Este ano 2013, fixen dous cursiños que organiza a USC en  Santiago. Con Fuco Reyes, un excelente fotógrafo, aprendemos moito. Fáltame  iniciarme nos programas como Photoshop  para poder aproveitar mellor as oportunidades.  Todo se andará. Repito que son un principiante.  

**Tes feito algunha exposición?
Non. Nin me atrevería. Solo son un principiante descubrindo cada día algo novo.

**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
O paisaxe é a miña debilidade. E  O Morrazo da moitas oportunidades para desenvolver este campo, sen aburrirse.

**Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
Xa sei que as oportunidades aparecen de súpeto, pero recoñezo que as reflex son demasiado  grandes para levalas todo o día con un. De cando en vez, dáme una tolada e salgo ca máquina. Logo toca borrar moitas fotos, pero sempre queda algunha que merece a pena.
Solpor na Praia de Lagos
Gamela no Porto de Bueu

Mariscando en Marín

Arco da vella sobre Beluso


Amañecer en Bueu

Porto de Bueu. Gaviotas

2 comentarios:

  1. Felicidades, Daniel, por la entrevista y las fotos. Apertas
    José-María Suárez

    ResponderEliminar
  2. ¡Ah! y felicidades, a los creadores, por el blogspot, me parece una idea estupenda.

    ResponderEliminar