Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

xoves, 2 de xaneiro de 2014

A ENTREVISTA: Rosi Vidal López




Rosi Vidal López


Perruqueira do Hío, 34 anos

Afeccións: Senderismo, fotografía, viaxar, sobre todo coñecer os recunchos galegos que son moitos e moi variados.

Blog: http://nadlavl.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/rosividalopez
Instagram: Nadlavl
Flikr: http://www.flickr.com/photos/69566849@N04/ 

Usa unha cámara: Nikon 5100. objetivo 17/70mm
Teléfono: Galaxy Nexus
Utilizas filtros: Si, no Instagram
Usa App para editar as fotos. Edita en  Lightroom, inda que ultimamente esta probando a editar con Photoshop e Perfec Photo Suite. 


Como chegaches ao mundo da fotografía?
Sempre me gustou tiven varias compactas, comencei  máis en serio cando descubrín o amplo mundo da micoloxía.
O ano pasado, meu home o cal comparte a mesma afección, regaloume unha réflex. Desde entón é un non parar.

Desde cando fas fotografías?
En novembro cumplín un aniño.

Como nace a afección a fotografía?
Foi pouco a pouco, o ir foto a foto, probando, colgando na rede buscando críticas que me axudarán a mellorar. O entender que hai outra maneira de ver o mundo, dende que fago fotos aprecio moito máis os pequenos detalles. 
                                                                                                
Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Non, inda levo pouco tempo neste mundo e a maioría de cursos hai que ir a Vigo ou Pontevedra.

Participaches en algún concurso fotográfico?
Non

Tes feito algunha exposición?
Nada importante. Inda que participei nunha exposición solidaria intinerante con duas fotos (xunto coas do resto de compañeiros dun grupo de fotografía o que pertenzo)  a  favor da protección do medio ambiente, e que se levou a cabo no  Concello do Rosal. A exposición tiña como finalidade amosar a destrucción do lume deste pasado vran nunha zona de especial interese paisaxístico e cultural, intentando sensibilizar a maior cantidade de xente posible.
Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Paisaxe, natureza,gústame moito facer fotografía de longa exposición.

Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
Ultimamente vou cargada coa cámara por que realmente non sabes donde podes atopar esa foto. Inda que si, me gusta programar saídas en grupo (donde compartes experiencias varias) ou en familia co meu home e fillo.


REPORTAXE FOTOGRÁFICO



A vista de paxaro

A forza do mar

Cada historia diferente

Cangas a noitiña

Mariñeiro que traballas

Pavi tren en Fefiñans
        

1 comentario: