Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

venres, 20 de decembro de 2013

A ENTREVISTA: Yovanna Maquieira Santos



Yovanna Maquieira Santos 


Perruqueira en Moaña, 25 anos
Afeccións: A fotografía, o teatro, leer...



Usa unha cámara: Nikon D3100                   
Utiliza filtros de densidade neutra, o polarizador e un de aumento.
Usa App para editar as fotos. Utiliza: Photoshop CC, Camera RAW, photoscape e photomatix.


**Como chegaches ao mundo da fotografía?
Sempre me gustou, en marzo de este ano tiven a oportunidade de mercar unha cámara reflex e non o pensei. A compacta quedábaseme pequena e sabía que sería un gran paso ter unha reflex.  

**Desde cando fas fotografías?
Dende que era so unha nena. Ata os 13 anos sempre utilicei unha moi normaliña de carrete e despois tiven varias compactas dixitais, pero a cámara reflex  non ten nada que ver co que facía antes. Cando a merquei ignoraba todo o que abarca a fotografía e dinme conta de todo o que me queda por aprender. Pra min e algo que me axuda a ter a mente ocupada, a saír en busca de novos retos e a mellorar cada día cos meus erros, pois para conseguir unha boa toma, antes hai cincuenta malas.

**Como nace a afección a fotografía?
Polo meu pai, e algo que levamos na sangue, e que el tamén herdou do seu pai. De pequena ensinoume a sacar as miñas primeiras fotografías, a el débolle o meu interese por esta afección e pra min é o mellor referente a seguir.

**Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
De fotografía non, fixen un pequeno curso de photoshop coa asociación na que estou, pero polo demais son autodidacta, vexo tutoriais, libros, blogs, e tamén participo nas quedadas  que facemos e nas que teño a oportunidade de aprender dos que mais saben.

**Participaches en algún concurso fotográfico?
Non

**Tes feito algunha exposición?
Non, aínda levo dous días como quen di, pero non descarto nuns cantos anos de facer algunha. De momento déixollas os verdadeiros fotógrafos, xa que eu son so unha simple afeccionada que ten moito que aprender.

**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Gústanme moito as fotografías de larga exposición en xeral, nocturna e diúrna e principalmente os paisaxes, pero tamén teño moita paciencia coa macro e encántame perseguir os bichiños.

**Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
A cámara vai comigo a todas partes por si surxe algunha foto, pero polo xeral planifico as miñas saídas. 


REPORTAXE FOTOGRÁFICO

Pantalan no porto de Bueu

Bolboreta en Ons

Ponte de Rande

Praia de Lagos

Lago de castiñeiras

A miña mellor modelo






1 comentario: