Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

mércores, 4 de decembro de 2013

A ENTREVISTA: Lois Luis


Lois Luis

Vive en Vigo pero é de Moaña, 43 anos.
Traballa como electromecánico.
Afeccións:  fotografía, viaxar.
https://www.facebook.com/groups/omorrazoenfotos/
Flikr: http://www.flickr.com/photos/auise/



Que cámara/s usas: Nikon d-60.Teléfono para fotografiar: as veces
Utiliza filtros: o de densidade neutra bastante. O polarizador casi nunca.
Usa App para editar as fotos: si, camera raw.

**Como chegaches ao mundo da fotografía?
Pois aproveitando unha oferta cando merquei a camara, foi mais ben curiosidade.

**Desde cando fas fotografías?
Dende o 2009

**Como nace a afección a fotografía?
Pois nace cando ves que dia a dia aprendes, colles mais soltura, fallas, acertas  e encima reláxame moito a mente facer fotografías.

**Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía? Non.

**Participaches en algún concurso fotográfico? si

**Tes feito algunha exposición?
Non, pero debo decir que entre finais de novembro e mediados de decembro hai 4 fotos miñas nunha exposicion no Rosal, sobor do incendio forestal nesa zona o verán pasado, xunto con fotos doutros compañeiros.

**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Paisaxe, urbana con persoas, e nocturna.

**Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos? 
As veces si organizo sitios. Outras deixome levar a ver o que atopo, e certamente nas duas opcións sempre encontro como mínimo unha toma que me guste.



                          REPORTAXE FOTOGRÁFICO


















1 comentario:

  1. Felicitaciones Lois, tus fotos se destacan por la prolijidad y la armonía. GM

    ResponderEliminar