Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

mércores, 20 de novembro de 2013

A ENTREVISTA: José Antonio Carballo González



 José Antonio Carballo González

 Moaña, 45 anos
Traballa en Correos
Afeccións: Fotografía, Cociña, discJockey, algunha que outra mais…
Facebook: https://www.facebook.com/joseantonio.carballogonzalez
Instagram: JOSE ANTONIO CARBALLO GONZALEZ
Flikr: http://www.flickr.com/photos/carteiro35/
Cámara: Canon EOS 1100D
Teléfono para fotografiar:Samsung S3
Utiliza filtros:Lightroom
Usa App para editar as fotos: ACDSee        


**Como chegaches ao mundo da fotografía?  Cheguei de neno, e dende o primeiro disparo quedei prendado para sempre desta afición.

**Desde cando fas fotografías?  Como dixen antes, dende cativo, a partir de ahí, chegada a idade de 16/17 anos acentúase moito máis, medrando cada día  ata hoxe en día.

**Como nace a afección a fotografía?  Nace de verdade o coñecer as cámaras réflex con todas as súas posibilidades máxicas para fabricar a túa propia foto. Coa cámara na man convírtome na mitade dun equipo que disfruta con todo o que ten diante o dobre. A cámara axúdame a valorar o que temos diante dos ollos.

**Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?  Si, nun curso que consistía e quitarlle todo o rendemento posible a cámara réflex, foi definitivo isto para entrar de cheo, pois as dúas persoas que mo impartiron déronme o empuxe definitivo para quererlle a esta afición de por vida, do cal lle estou moi agradecido. Polo demais, son completamente autodidacta. Disparando moito aprendese moito.

**Participaches en algún concurso fotográfico?  Nalgún relacionado con periódicos. Non é o que máis me apasiona disto, o tema competición, para min a fotografía de momento no é competir.

**Tes feito algunha exposición?  Non, nunca.

**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?  Paisaxe, fotografía social, macro (vexetación sobre todo), retrato, nocturna, fotografía deportiva, etc…


Cangas do Morrazo

Nocturna de moaña

Rua do Principe e Urzaiz en Vigo

O neto

O Fiunchal. O con (Moaña)

Siluetas de verán na praia da Xunqueira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario