Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

mércores, 13 de novembro de 2013

A ENTREVISTA: Merche Giráldez Santos



Merche Giráldez Santos

Cangas, 47anos.
Autónoma
Afeccións: Fotografía, miniaturas, leer, viaxar e aínda que non sexa ben visto ultimamente, a política...uff son moitas.

Blog:http://picuinhaminis.blogspot.com.es/Miniaturas e casas de bonecas
Facebook:https://www.facebook.com/merche.giraldez

Usa cámara Nikon D90 e ocasionalmente a Canon EOS 350D e  unha moi vella Canon EOS analóxica para os carretes b/n
O Teléfono só para momentos puntuais que me pillan sen cámara
Utiliza filtros:Coas canon.
App para editar as fotos: Procura evitalas pero as veces experimenta e para poñer a sinatura, pequenos retoques ou comprimir para colgar nas redes son moi útiles.
Utiliza:Nerophotosnapviewer ou Picassa que son moi limitados pero sige sendo moi “conservadora” e con pouco tempo para meterse en grandes programas como o Photoshop.




**Como chegaches ao mundo da fotografía?
Cando me agasallaron na primeira comunión coa primeira compacta que sacaba as fotos cadradas e un carrete de 12 fotos... fai anos



**Desde cando fas fotografías?
Só hai que restar, teño 47 e a primeira cámara con 8. Tiña que restrinxirme moito porque o gasto en carretes e revelado era moito... durante uns anos aparteino un pouco por falta de tempo pero agora procuro facer algún oco e disparar de cando en vez.



**Como nace a afección a fotografía?
Cando descubrín que ademais de recordos de familia se podía sacar máis partido ás cámaras.

                                                                                            

**Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Con J.M Pérez Santoro, para min o mestre da luz, a finais dos 80 ou comezos dos 90 xa non lembro a data, coa refex analóxica. O traballo no cuarto escuro e os procesos de revelado xunto coas charlas de José Gago o gran artista de Marín, abríronme os ollos a un mundo xigantesco e fermoso e eu só unha afeccionada que de cando en vez facía a BBC (casamentos, bautizos e comuñóns) para a familia.

Merquei moitos manuais para iniciarmecando tiven a primeira reflexdixital e aínda sigo aprendendo un pouco autodidacta, agora é máis barato e cómodo porque a dixital permite centos de fotografías e retoques diante do ordenador para conseguir algo que guste pero sigo admirando aos verdadeiros artistas que saben ver a luz porque se non sabes ver e retratar a luz nunca podes considerarte fotógrafo e eunon son máis que unha simple afeccionada.



**Participaches en algún concurso fotográfico?
En seleccións para carteis e publicidade turística sen remuneracióneconómica. Aínda en analóxico cando  estaba en cueiros a expansión da dixital chegaron a publicarme 4 carteis e 1 fora de Galicia.

**Tes feito algunha exposición?
Só participei en algunhas exposicións conxuntas e nos libros, con outros afeccionados da Semana Santa de Cangas, colaborando coas confrarías de Cangas.





**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Todo o que ven meus os ollos é susceptible de fotografiar, desde detalles, retratos, natureza, reportaxes gráficas, eventos deportivos, culturais, nocturnas con pouca luz...

O que máis fago? Centos de fotografías  de Cangas, de OMorrazo, de Galicia,son unha namorada da nosa terra, é tan fermosa que podes tornar unha e outra vez ao mesmo lugar e sempre atopas algo novo.



**Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
Co pouco tempo que teño máis ben ocasional, pero se podo aproveitar un día ou unha tarde libre fago unha saída coas cámaras e o equipo. 
Fai pouco participei por primeira vez en dúas “kedadas” fotográficas con apaixonados da fotografía, nunha ocasión cun grupo de verdadeiros artistas coa cámara onde tamén estaba Lolo Nuñez e outras persoas estupendas de O Morrazo, é realmente enriquecedora a experiencia e gustaríame repetir algún día. Pero normalmente saio soa ou co meu home e fillos que tamén son afeccionados, procuro levar a Nikon D90 na pequena mochila sempre co obxectivo 18-200 que dá moito xogo e nunca se sabe o que pode xurdir.




                            REPORTAXE FOTOGRÁFICO



Arco da Vella cabalgando nas ondas

Concerto Escola de Música

Muiño de Fausto, Coiro

Preparando a compota

Paseo pola praia de Nerga

Porto Cangas nocturna





 

 
 

3 comentarios:

  1. Admiro a esta muller, grande, moi grande...

    ResponderEliminar
  2. Encantáronme estas fotos, aínda que creo que me encantan todas as fotos que che vin no facebook... En min tes unha seguidora.

    ResponderEliminar