Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

mércores, 6 de novembro de 2013

A ENTREVISTA: Xoán Arco da Vella




Xoán Arco da Vella. 
Lourizán, 53 anos.
Traballa como operario nunha fabrica.
Ten como afeccións leer e viaxar en Galicia.
Blog:http://xoanarcodavella.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/xoan.arco.da.vella
WebFacebook:
https://www.facebook.com/pages/O-paraiso-existe-ven-O-Morrazo/296598723696822
Twitter:@XOANARCODAVELLA
YouTube://www.youtube.com/channel/UCupwGGNh2UxYXdejNrrwtjA/featured
Usa unha cámara Nikon 5100 3 Nikon D-60, 
en algunhas ocasións  algunha cámara pequena.
teléfono para fotografiar Algunhas veces Utilizas filtros:non
Soio uso un sinxelo edito para endereitar e recortar, nunca usos programas de mellora



**Como chegaches ao mundo da fotografía?
Por o desexo da compartir o que vexo e para gardalo de recordo.

**Desde cando fas fotografías?
Dende o ano 92, xa de maneira regular, ou por dicilo de outro xeito xa enganchado as sensación que da o facer e amosar lugares dende o ano 2000.

**Como nace a afección a fotografía?
Sempre me gustou descubrir sitios novos, eses sitios que non veñen nas guías e que teñen a maxia do noso pais, cando se populariza o internet decido compartilos cos demais.                                                                                
**Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Si en varios cursos e talleres, e tamén impartín algúns para principiantes.

**Participaches en algún concurso fotográfico?
Si en nunhos cantos, agora xa cada dia menos, síntome mais recompensado compartindo, e do calor das xentes que recibindo algún galardón.

**Tes feito algunha exposición?
Si unha cantas sempre que alguén me pide fixera algún traballo sobre algún tema.

**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Gústanme os lugares a natureza e os retratos

**Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?
Eu necesito saír para sentirme ben, asi que cando teño un momento escapo coa cámara. Case me definiría como fotodependente.

REPORTAXE FOTOGRÁFICO










3 comentarios: