Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

martes, 26 de novembro de 2013

A ENTREVISTA: Alberto Alonso de Dios




Alberto Alonso de Dios

Vigo, 38 anos
Traballa como contable
Afeccións: Fotografía, informática, natureza, arte e historia de Galicia

Que cámara/s usas: Canon EOS 550D.                      
Usas App para editar as fotos:   Si, por suposto.  Unha imaxe JPG en unha foto na que a cámara emprega os filtros precisos para que saia máis ou menos decente automáticamente. Dun curto tempo pra aquí procuro empregar e aprender co formato RAW e despóis adicarlle un pouco de tempo a elas, a sentilas, algo así como si as “revelaras” coma os vellos tempos, como si lle deras vida a un instante.  Este proceso non significa desvirtuar unha foto, xa que cada vez que pensamos en Photoshop, pensamos en cores moi profundas ou sobresaturados.
Cales utilizas: Photoshop, Digital Photo Pro (Canon), Picasa, Panorama Maker e todos os que poida.

**Como chegaches ao mundo da fotografía?
 Moi a modiño. Poderíamos dicir que acabo de chegar .

**Desde cando fas fotografías?
Co meu primeiro soldo merquei unha Nikon F50, reflex, analóxica.  Cando naceu a miña filla, o meu cuñado regaloume unha compacta dixital.  Dende aquela escomenzei no maravilloso mundo da fotografía dixital.

**Como nace a afección a fotografía?
Sempre me chamou a fotografía, dende neno. Os meus pais tiñan moitos libros onde se amosaban fotografías fermosísimas coas que podías viaxar coa imaxinación. Ademáis os meus antergos tiñan unha das imprentas máis antigas de Vigo polo que polas miñas venas corre algo de tinta, hoxe convertida en sangue dixital. Por outra banda vivir nunha terra tan fermosa como Galicia énchete de gañas de inmortalizala.     

**Tes participado en cursos de formación ou talleres de fotografía?
Non. Son autodidacta.

**Participaches en algún concurso fotográfico?
Non.

**Tes feito algunha exposición?
Non. A nosa verdadeira exposición é a nosa web www.galiciamaxica.eu  Digo “nosa”, xa que conto coa inestimable axuda da miña muller, María R. Serantes, sin ela este proxecto non sería nada.

**Preferencias a hora de fotografiar (paisaxe, detalle, natureza, persoas etc)?
Galicia en xeral, a súa natureza, cultura, arte e historia, iso é o que realmente me motiva.

**Fas foto ocasional ou programas saír a facer fotos?

Os viaxes que facemos non se programan. Escollemos unha zona, un recuncho sen coñecer e alí vamos. Nunca nos cansamos de recorrer a nosa terra, xa que como dicimos, Galicia é inescrutable.


REPORTAXE FOTOGRÁFICO

A Ribeira Sacra e o baile do Sil.

San Xoán de Mosteiro. Onde se detén o tempo.

Fervenza do Toxa. O auga é arte.

Os Praceres. Atardeceres máxicos.

Illas Cíes. O paraíso.

. A Serra do Galiñeiro. Un emblema da comarca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario